Cumio dun outeiro soterrado
Por unha urbe que exclúe as árbores
No lugar de onde o vento fuxe
Asubiando desconcerto
The Show must go on!
Almacén que xoga ás agachadas
Camposanto literario
Moedas de formigón
País de ricos artistas sen diñeiro
The Show must go on!
Libros amigos do po
Porque a vida non os abraza
Porque a vida non vive
Onde derrotaron á cultura
The Show must go on!
Menos mal que na rúa
Escoito latexos
Sementando xuízos
Cos que rescatarte
The Show must go on!