Abre as imaxes para descubrir a historia oculta.
Cando somos pequenos vemos o mundo de cor de rosas; non pensamos máis alá do que vemos; non lle tememos a nada. Durante a INFANCIA refuxiámonos no noso currucho de ignorancia e felicidade.
Logo imos medrando e, perigosamente, comezamos a pensar. BRÉTEMAS empezan a cubrir o noso arredor.
Pensar, pensar. Accedemos a recunchos do noso cerebro de onde, a veces, nos resulta moi complicado saír, e descubrimos preguntas sobre nós e sobre o mundo que non obteñen resposta. Aparecen os medos. Pouco a pouco, os MONSTROS MENTAIS apodéranse de nós, aliméntanse de nós; mesmo queren facer de nós a súa marioneta. Parece non haber volta atrás…
Dende ese momento… todo semella gris, negro, gris, negro… todo semella un INVERNO interminable.
Co máis importante que temos, a forza de vontade, e alguna axudiña máis (no meu caso, os animais – A PATA AMIGA-,
e as CORES) imos escalando ese pozo para pouco a pouco ir vendo unha pequena luz que nos salve deste mal soño.
E, finalmente, con esforzo, voltamos a esa PRIMAVERA na que nos gustaría vivir eternamente.
Ao final, neste mundo extraño, inapacible, contrario e adverso, todo se trata de SOBREVIVIR.
Laurinha nas Berzas
Gústame esto:
Gústame Cargando...