Non queremos que nos escoiten rir
Non nos deixan contar o que sentimos
Nin sequera respirar sen medo,
Contar lendas aos nenos
Ou mirar cedo a saída do sol.
Non nos está permitido caer,
Abandonar, esquecer ou perder,
Non se nos recordará por mirar ao ceo
Nin por ter unha resposta segura,
Somos dos que non esmorean a toalla,
Dos que loitan por demostrar feitos
Feitos dos que soamente nós
Só nós
Somos quen de facer realidade,
Somos os de marcho pero volto agora,
Os de baixo en nada,
Que rematan sendo horas,
Os que collemos con medo un coche,
Sempre que o rumbo sexa cara Castela,
Porque alí, non saben de curvas,
Os que cun Malo será arránxano todo,
Os que marchan lonxe e recordan,
Os que desexan voltar,
Os da morriña…
Se de nós dependerá a historia,
Espera, non te movas,
A historia depende de nós,
Dos que nos levantamos a loitar
Por unha lingua, por un sentimento
Por un pobo que viviu,
Polos que senten que isto é pouco,
Polos que rematan e xa queren máis,
Porque ninguén nos ensinou a dicir
BASTA,
Ninguén en ningures o dixo,
Pero serei eu a primeira,
A que ensine que hoxe é importante,
Porque a partires de hoxe,
A historia volta a pender de vós,
Dos que ledes e criticades
Dos que sodes quen de dicir un xuízo,
Dos que defendedes ao pobo,
Dos que credes nos máis pequenos,
Porque só eles son quen de dicir
BASTA,
Poñede ese punto,
Dicídelle a todos que é o voso momento,
que ides loitar polo voso mundo,
porque non queredes regalos,
porque os enchufes son sempre eléctricos,
e que queiman.
Os vosos maiores loitaron,
Os vosos maiores venceron,
Os vosos maiores quixeron cambiar,
Os vosos maiores viviron por vós,
Os vosos maiores quérenvos…
Temos tras de nós unha historia,
Un pobo que defender,
Polo que estar erguido,
Polo que vivir en pé.
Ninguén esquecerá
Que a lenda do pobo galego
A escriben os galegos en pé,
Os que miran con determinación.
Gritade con forza o que tedes
Porque só a vós os pertence,
Gritade con forza á vida
Porque só ela vos escoitará,
Gritade con forza o que queredes
Porque só así cumprirase,
Gritade con forza que queredes máis
Porque isto sábevos a pouco,
Gritade con forza que somos galegos
Porque só os que o son, vos entenderán.
Nós buscámolo cambio
Sen regras que respectar,
Sen xente que non quere,
Sen bágoas que esmorear.
Vivimos nunha loita de titanes
Nun triste devagar
Nunha mirada perdida
Nun lugar polo que loitar.
Pero chegará o momento e diremos
BASTA,
Porque non queremos este mundo,
Non queremos pelexar,
Non queremos vivir con medo,
Non queremos abandonar.
Vivimos con alguén por riba
Alguén que nos vai mandar
Mandamentos que incumpriremos
Incumprimentos que marcharán…
Tremer non é alternativo
Provocádelo vós,
Os que estades por riba,
Os que vos credes mellor.
Contarei a historia,
Avergonzarédesvos de vós,
Preferiredes morrer que voltar,
Sorriredes con falsidade,
Viviredes con temor,
Agora o medo
Tócavos a vós.
Porque nós xa gritaremos
BASTA,
Non perderemos un máis,
Nin un galego máis,
Nin un tesouro da terra,
Nin un síntoo máis…
Estades esgotando o que temos
O que nos pertence
O que é noso,
O que vós non teredes xamais.
Temos un soño
Un pensamento, unha idea
Unha vida,
Unha vida enteira.
Non derramaredes por terra
O que sempre quixemos ter,
Non vos apropiaredes do que vós,
Xamais,
Xamais ides ter.
Marchade en silencio, sen ruído
Pouco a pouco por detrás,
Ninguén vos botará de menos
Ninguén os escoitará marchar.
O que temos que dicirvos
É moi sinxelo de contar,
É a historia dun pobo
Que tremeu de medo no luar.
Vivimos en pobos ao lonxe
Onde ninguén viviría xamais,
Pero decidimos gritar con forza
BASTA,
Esta loita ímola gañar.
Vivimos dende fóra
O que aquí chamarían fogar,
Pero nós vivíamos en silencio
Tremendo non poder voltar.
Chegaba Nadal e as chamadas dende alá,
Os choros dos meniños,
As nais a calar.
Pero dende lonxe gritábamos
BASTA,
Non queriamos chorar,
Nós somos fortes
Como a terra que nos veu medrar.
O que facemos é para vós,
Para que os que estades alá,
Para os que queremos dicirvos
BASTA,
Nin un máis.
Porque non mereces vivir con medo,
Non merecemos quedar,
Non queremos escoitarvos,
Non queremos voltar atrás.
Dende pequenos nos dixeron
Que sempre hai que levantar
A toda a xente que cree
Que por un sentimento matarán.
Non vos creades aos que din
Que pouco a pouco cambiará,
Porque son eles os que fan tope,
Os que non nos deixan pasar.
Porque os cambios son duros,
Dan medo e fan chorar,
Contan as historias
Que tremer é para gañar,
Que os nervios que se viven
Fanche especial,
Pero eu penso que agora,
O que importa é loitar.
Por iso, gritemos con forza
BASTA,
Paremos de botar fóra o que temos,
Dende dentro, todo parece moi negro,
Pero non houbo terra galega
Onde o chuvia non escampara.
Nin en Lugo, nin en Ourense
Nin en Pontevedra, nin na Coruña
Existiu terra tan lonxe,
Onde a chuvia fose día e noite.
Porque cando ven a tormenta
Que anticipa o inverno,
Tras a escuridade da noite
E o inicio do inferno,
Aparece en silencio,
Con calma e lamento,
O crecer do día,
O amencer do inverno.
Non hai en terra algunha,
Primavera máis bonita,
Que a que vin eu en Noia,
Ou a que escoitei eu en Verín.
Porque co entroido na terra
Coa ledicia no ambiente
Ou co sol resplandecente,
Pouco a pouco e a modiño
Sae o verán despaciño.
Algo debes recordar grita con forza
BASTA,
Non queremos nin un máis.
Porque somos o que temos
Pero temos o que somos,
Polo que loita con esmero
Por cumprir os teus soños.
Co verán na porta
E o inverno detrás,
Verás moi bonito,
Fisterra no luar.
Porque a fin da terra é galega,
A fin da terra sobrecolle
Fai que rías e bágoas
Rematen no mesmo mar.
No océano que nos baña,
No que nos separa
No que nos encontramos ao marchar
O que fai que sexamos
Moi pequenos,
Cada vez máis.
Pero para iso gritaremos
BASTA,
Nin un máis.
Voltaremos para vivir
Para de novo estar con vós,
Voltaremos porque é o noso lugar
Ese fogar de Breogán,
Voltaremos para gritarlle a todos
BASTA,
Non queremos nin un máis.
Cando estades lonxe,
En América ou Europa
Perdidos e con medo
Sen nada que levarvos á boca,
Pensade que en nada
O pobo quedará quedo
E viviremos sen medo
Dicíndolle ao ceo que é
O noso momento.
Porque cantaredes e sorriredes
Contando a toda a xente,
Os lugares dos que onte
Saístes correndo.
Non vos enganedes
Como Galiza no hai outra terra,
Non hai outro lugar no mundo
Onde o fogar sexa lindo,
Calmado e tranquilo.
Non digades que mortos
Puidéchedes obter a calma,
Porque só os galegos sabemos
Que a tranquilidade
Está na casa.
Pero chegará o día
No que gritaremos
BASTA,
Ni un máis.
Remataranse as despedidas
Os volto nuns días pequenos,
Remataranse os bicos
E os berros,
Remataranse os sorrisos
Que marchan polo mar,
Remataranse as penas
Que din ponte no seu lugar,
Remataranse os amores
Que din agárdame no teu lar,
Remataranse as avoas
Que ben fillos marchar,
Remataranse as angustias
Por non saber cómo está,
Remataranse as chamadas
Que felicitan o Nadal,
Rematarase todo
Porque gritaremos
BASTA XA,
Non queremos nin un máis.
Non marchedes do voso fogar,
Non marchedes inmigrantes
Quedade neste lugar
O futuro promete
A historia estase por contar.
Gritade
BASTA,
Nin un máis.
Carlota Tomás