Alí colle todo. O que queren que colla e o que non. Todo o que pulula en perigo de extinción polos corazóns no camiño da deshumanización. O fogar da imaxinación. O lado positivo das radiografías. Exercicios de estilo martirizados por rimas indiscriminadas. Botes de vidro onde reverberan as luces dos primeiros versos. Binomios fantásticos e binomios de realidades enfrontadas unidas por esposas de veludo rosa. Recordos de clímax e os primeiros orgasmos, onde cada un é o primeiro porque nunca lerás un libro dúas veces, porque te moves na forma de ti mesmo, nos recunchos de tódalas túas posibilidades de ser en tódolos tempos verbais coñecidos. Ninguén pode limitar o espazo do faiado de Peter, ausente de teito, orfo de esquinas, só chan no que voar.
Nunha caixiña de melamina, evitando o romanticismo da madeira, gardado o día que aprendín a camiñar. Unha nova lei que obriga a non esquecer nunca ese día, á súa vez unha lei que impide dicir nunca, e de novo unha lei que impide impedir; leis todas excepcións que confirman a regra….porque dentro do faiado cúmprense. Tamén se gardan aí as conciencias sen ciencia dos pulsos ignorantes e dos escaparates de velenos roubados ó poeta. Se todo fose “con ciencia”, os de letras vagariamos perdidos entre pepiños grilos…
Méritos persoais e intransferibles en dirección extrovertida.
Mudanzas sistemáticas do prescindible que saen das crisálidas da reinvención vital.
Os extrañamentos de Gianni Rodari nas verbas malsoantes…
Todos sentados no diván de Tolstoi, cada acto dende un diván sorprendido de si mesmo. Pequenas fadas primas de Margarita Porete que crean a xustiza con rastas de cores e fíos suaves.
O desterro da deshumanización.
Os excesos todos gardadiños no caixón desastre sen clave para o cadeado, a afectación
nun vaso medidor non obsoleto.
A desnaturalización tamén colle no faiado, só na súa noble forma oposta.
A materia gris xogando ó corro da pataca cas pantasmas. As esencias de aldea, da orixe,
nun bote con tapa de cristal de rocha.
As decepcións asumidas. As excepcións.
Vidas interpretadas dende meniñas párvulas, mans que crean… Xuízos desterrados. Aí dentro, onde todo ule a libre, onde as liñas rectas non collen por causa de rixideces testanas.
Aí, no faiado do neno eterno, cando me sinto caramelo de coco convértome en raíña de min mesma, e comparto soidades impresc Se todo fose “con ciencia”, os de letras vagariamos perdidos entre pepiños grilos…
Colle tamén no faiado de Peter Pan a evolución de indibles cas que xogo ó tira e afrouxa
do equilibrio.
Non querer medrar que conclúe na evolución óptima.
Colle nunha caixiña de arame o preciso da exactitude para ter a capacidade, en calquera contexto, de humanizar un grelo…dende a emoción endémica e contaxiosa do cotiá.
Grazas ó xenófobo refraneiro escravo da realidade, o faiado de Peter Pan é “unha merenda de negros” na que o kaos de realidades é o reflexo da vida mesma disposta a HUMANIZALO TODO.
Iria Anido, autora de Cambio de estrela.