A transexualidade no século XXI

 

¿Qué sucede que ultimamente sábense cada vez máis casos de nenos e nenas transexuales? ¿nas décadas anteriores non existía esta forma de sentirse? Por susposto que si, mais coma sempre, aquilo que estaba fora da norma heterosexual e do modelo patriarcal desentoaba e ficaba relegado a un segundo plano, sentimentos no subterfuxio, persoas agochadas.

7923_raw

Logo de documentarme, saco en claro que o cerebro ten sexo. A neurociencia dinos que nacemos cun cerebro feminino ou masculino, tanto da os xenitais que se desenvolvan na persoa,  non importa a presión que poida exercer a cultura posto que non hai nada que poida mudar a identidade, como un ou unha se ve,  ese vivirse así. A mal chamada disforia de xénero (as persoas trans atópanse eufóricas ó vivirse tal e como son) ou transexualidade non é un fenómeno actual en auxe, non é unha moda transgresora, máis aló do que nos amosan os medios e os estereotipos, a transexualidade é a contradicción biolóxica coa morfolóxica, nenos e nenas que se senten do sexo contrario ó que di o seu corpo,  ninguén manda en como se sinte e como quere e necesita vivir, é algo innato.

 De sempre, cando a sociedade non era quen de comprender algunha situación fora da norma clasificábana como amoral ou patoloxica e, neste caso a transexualidade ligábana a enfermidades mentais (depresón, psicosis …). Nun principio a moral afogábanos e obrigábanos a agocharnos para vivir acorde á norma, adaptarse á sociedade ou morrer, máis ou menos. Unha vez superado  este modelo, mudamos a un patolóxico, o cal fai o mesmo dano có anterior, posto que este tampouco se centra no suxeito, o relevante é a intervención, a persoa fica relegada  nun segundo plano, aí,  estrangúlase unha vez máis á diversidade, oprímese ó diferente.

Que haxa persoas incapaces de mirar máis aló da súa forma de vivir e sen un gramo de empatía no corpo non quere dicir que outras realidades non existan. Non. A diversidade enriquece á humanidade. Debemos comprender que a sexualidade non só se mira dende unha perspectiva biolóxica, isto sería reducionista, é importante comprendela dende a concepción biográfica. Con isto quero dicir que nacemos sexuados, e ímonos formando como tal, á vez que vivimos, que nos coñecemos e  que temos experiencias. Ímonos construíndo. Nisto non hai normas, só sentimentos e emocións.

56273_rosario

 Non debemos esquecer que o proceso polo que pasa unha nena ou un neno transexual convértese nun inferno cando se decata de que as persoas ás que el ou ela quere non a/o comprende nin fai por entendela/o. Isto dificulta e alonga o proceso converténdoo en doloroso, en verdade sen necesidade, onde as nais e pais deberían acompañalos e darlle as ferramentas e as atitudes precisas para camiñar na súa vida e axudalos a que se queiran e se vivan tal e como son e como se sintan en cada momento. Se reparamos nesta última oración, tódalas cativas e cativos precisan de comprensión e apoio por parte dos pais e da contorna, independente mente de que sexan trans, de que queiran estudar ballet ou  medicina. Por iso é tan necesario a implicación da familia, da escola e da contorna,  o querer entender sen xulgar, a educación na diversidade para que ninguén se sinta fora de lugar, tan lonxe de si mesmos.

É aquí onde radica a forza da educación sexual, a relevancia de aportar ideas. Como educadora social penso que este debe ser o noso instrumento, dar ideas e educar na riqueza da diversidade  para que cada cal camiñe polo seu vieiro, deixando de igualar ou de diferenciar ás persoas, senón comprendendo que cada unha é un mundo e que sente e vívese de forma diferente e independente á outra.  É  verdadeiramente importante  unha educación sexual integral, para visibilizar realidades distintas, para sensibilizar á poboación e para que a inclusión e o respecto  sexa unha realidade. Estou falando do benestar das persoas, dunha educación para a vida, para o amor, para a liberdade e a tolerancia, onde a comunidade, as familias, a escola  e demais institucións sexan conscientes das diferenzas e  que as apoien, que as sintan tan naturais como as outras formas de vivir. Todo isto coa clara intención de,  ademais de lograr unha igualdade social, acadar unha igualdade legal (sen a cal a anterior fica exigua), onde o Estado facilite este  proceso, onde unha psiquiatra ou un psicólogo non teña a potestade de decidir se un neno ou nena transexual ten unha enfermidade mental, está deprimido, ou aínda non está preparada/o para ter clara a súa identidade. É realmente patético e absurdo que un médico goce de tanto poder nestes casos, xa que, as persoas transexuais teñen moi claro quen son, elas non pasan por ningún tránsito, a sociedade é a  que precisa tempo para aceptar que hai mulleres con pene e homes con vaxina,  que hai persoas que senten que naceron nun corpo equivocado e queren mudar a súa realidade ata atoparse cómodas con elas mesmas, no corpo co que se identifican,  sen que ninguén as xulgue, onde un carné de identidade as chame polo nome que a persoa elixe e no cal se recoñece, sen trabas e sen que as nomeen de xeito erróneo.  O Estado debe implicarse, crear unha lei de transexualidade onde poña a disposición dos cidadáns e as cidadás todas as ferramentas necesarias para que poidan desenvolverse con plena liberdade, tal e como se senten.

Estamos no 2016 e a miúdo escribo sobre as desigualdades ás que se ven sometidas as persoas pola súa pola identidade, polo xénero  e pola orientación … a pesadume invade agora a miña testa, incapaz de comprender como podemos vivir nunha sociedade que aborrece ás persoas por non emocionarse e sentir de forma “normal”. Pero ¿qué é o normal?  O normal sería  que tódalas persoas fosen quen de aceptar e respectar que outras se comporten de xeito diferente, tamén a esas que se miran nun espello e que se senten distintas ó que o seu corpo determina. Deberíamos  loitar todos xuntos para que as nenas e nenos transexuais teñan unha infancia feliz, vivan acorde ó que e como se senten, abandonando os preceptos culturais, porque esta loita é de todas as persoas, porque a fin de contas estamos a batallar pola liberdade individual de todo ser humano, e para que cada quen acade a felicidade, fin último que –sen importar o xeito-  todos e todas ansiamos.

12910471_10209116643370447_1697065950_n

Lúa Belén Pena Otero

* A primeira imaxe pertence a unha campaña da ONU do ano 2013
A segunda imaxe foi tomada de mipunto.tumblr.com
A úlima imaxe é de Queers Arequipa

 

Advertisement

3 comentarios en “A transexualidade no século XXI

  1. La disforia de “disforia de género” es provocada por la mirada de los otros y no por la vivencia de cada persona marcada con esta etiqueta tan rimbombante.
    Lo patológico es un sistema que hace que sus integrantes se sientan disfóricos.

    Comparto en varios sitios por lo maravilloso de la exposición.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s