Chegamos a unha vida da que pouco xa nos queda,
fixéronnos culpables…
por ser fillos dun século xenocida,
máis evadimos a condena.
Distorsión vital como resultado do terror da estrutura social.
Choran estas mentes quebradas nesta realidade perdida,
polo agobio encapsulado,
polo inferno figurado.
Os sentidos infectados,
son tan só a antesala da obra máis dantesca.
Nós non esquecemos,
vivindo a non vida
baixo unha chuvia que cega.
Marta Picos