Taboleiro do libro galego (verán e outubro 2017)

Aquí vos traemos a listaxe de libros máis vendidos dende o verán. Podedes consultar as entradas anteriores no Caderno da Crítica e nesta propia páxina. Para a elaboración deste taboleiro participaron as seguintes librarías: Trama, Cronopios, Andel do libro, Miranda, Paz, Lila de Lilith e Chan da Pólvora. Narrativa Os fillos do Lume, de Pedro…

Entrevista a Carmucha, Presidenta da Fundación Paco Lareo

Quedamos con Carmen Lareo, Carmucha, á tarde na Solaina, no lugar onde se conxugan as inquietudes artísticas de gran parte do Deza. Fai calor, mais o artístico ambiente invítanos a inspirarnos, a trascender, a introducirnos en diferentes universos imaxinativos. A obra de Paco ilustra un xeito de entender a arte, a arte no rural; no…

Taboleiro do libro galego (xuño 2017)

Aquí vos traemos a listaxe de libros máis vendidos de xuño. Podedes consultar as entradas anteriores no Caderno da Crítica e nesta propia páxina. Para a elaboración deste taboleiro participaron as seguintes librarías: Miranda, Paz, Andel do libro, Suévia, Lila de Lilith e Chan da Pólvora. Continuaremos con esta listaxe logo do equinoccio, mais seguiremos…

Desfiuzamento

Non o entendes, verdade? Perdoa que non che fale pero é que sei que non me escoitas, mírasme aos ollos sen comprender a rabia que sinto. Anos desesperados tratando de escaparche e ti sempre tan dentro de min. As liñas que delimitan o teu corpo foron trazadas pola miña boca, por deus! Sabes que sempre…

Sobre o de Escarnio e Maldizer…

Hai uns días tiveron lugar en Compostela varias manifestacións logo do desaloxo de Escarnio e Maldizer. Durante esas xornadas preguntámoslle á veciñanza algo sinxelo: que pasou aquí? Fixémolo porque estabamos inundados de dúbidas e porque intuíamos que os medios de comunicación máis influentes do Estado andaban a contar o sucedido daquela maneira. Xa saben, construían…

Taboleiro do libro galego (Maio 2017)

Aquí vos traemos a listaxe de libros máis vendidos de maio. Podedes consultar as entradas anteriores no Caderno da Crítica e na nosa propia páxina. Para a elaboración deste taboleiro participaron as seguintes librarías: Miranda, Paz, Andel do libro, Couceiro, Lila de Lilith, Chan da Pólvora e Trama. Narrativa Blues para Moraima, de Miguel Anxo…

Taboleiro do libro galego (abril 2017)

Continuamos co excelente traballo que se viña facendo no Caderno da Crítica. Querémos agradecerlle a axuda a Ramón Nicolás e ás librarías que colaboraron con nós para a elaboración desta listaxe: Pedreira, Cartabón, Paz, Biblos, Miranda, Andel do libro, Suévia e Chan da Pólvora. Narrativa Os nenos da variola, de María Solar. Galaxia. Aqueles días en…

A estética da traxedia

Ao falar de ecoloxía pódense establecer dúas posicións predominantes ante as que a poboación se sitúa. Unha é a do espectador pasivo, acomodado na súa butaca. A outra é a do activista, a do involucrado. No primeiro caso poderíase falar do que en psicoanálise se chama renegación, defensa consistente en que o suxeito rexeita coñecer…

Procesións

Fun tomar algo logo de ver á miña avoa. A noite non se escoitaba polas voces da xente e as procesións, que paseaban por esta mar de pedra que é Compostela dende antes de que Celso Emilio a describira. Confeso que nunca entendín o funcionamento destes teatros da fe, pero hoxe fixeime neles, fixeime ben.…

1994

Falo de ti, cativo de sorriso grande. Chegaches como o primeiro raio de luz que se cola ao amencer pola fiestra, alegrando a miña aletargada vida. Falo do teu sofá. Dese que foi testemuña do noso suor mesturado, da saliva e dos nosos corpos brincando ao compás, creando arte sen máis pretensión cá de gozar.…