Fun xoven demasiado pronto,
e agora que sentir é o acerto de pensar,
o pulso repentino pasa factura.
Non estabamos listos
para a explosión daquel minuto irrigado.
Non era o momento
de rompelo bosquexo da paixón,
nin de mudar en erro
aquel aceno ebrio.
Non para precipitacións.
Prantos kilométricos
ecos contra verbas…
e a solución foi transparente,
obsesiva, escorrediza…MENTIRA.
Cando todo tornou efímero
agás a choiva nas meniñas.
Hoxe, cando cambia o tempo,
sangan as nubes
sobre as que apoio os lentes.
Iria Anido Pedreira