Manifesto da Cicloxénese Expresiva

  “O mar florece cando os nimbos choran. As ondas derrétense nunha cume de auga que delira espuma. E alí está a nada, nas cicloxéneses máis agudas, onde se expresa o silencio e a condición humana” Cita dun aturuxo do vento de compoñente leste.   Nós nacemos pretendendo darlle voz ao silencio, porque o mundo…

Ela

1 Desexaba tanto penetrar en ti, Ela, penetrar nos teus ollos para chegar ao corazón da túa alma… Pero isto asustábame. Había algo alí que me inquietaba. Lembraba detalladamente as nosas conversacións, cada sorriso, caricia ou bico. Pero estes recordos  non me satisfacían do todo. O máis recóndito, escuro e misterioso, as túas curvas interiores…