Oposicións

Almorzo Gústanme as galletas. Fervo a leite e mólloas para levalas á boca. Cada mañá imaxínome nun anaco perdido no líquido. Imaxínome flotando, como nunha embarcación. Semella sinxela esa vida, mais a galleta remata sempre afundíndose no leite ou no vertedoiro. Aproveito eses pequenos momentos para viaxar. Só eses, porque é imposible estudar nun estado…

José Luis Sampedro

Falar de José Luis Sampedro é falar da vida en tódolos seus rexistros e, por tanto, tamén da morte. Como el dicía: “a vida é ser un moribundo permanente e iso dá gusto”. Aseguraba que lle gustaría morrer como o Mera na ría de Santa Marta de Ortigueira, como un río que torna en mar…

Retrato dun falso antroido

Imaxínense un barco sen rumbo. Un mar picado con ondas que non atendemos a controlar. A civilización vive enriba. Os paxariños cantan “desastre”. Procúrase a solución do problema? Que va… Quizais unha minoría. Gran parte das elites dirixentes prefiren traballar no seu privilexio mentres o barco continúe coa forza precisa para manterse a flote, por…

Perder o tempo con Pokémon Go

Dende as derradeiras semanas de xullo até hoxe a mocidade volveuse cazadora, polo menos virtualmente. Pokémon Go converteuse na aplicación máis visitada do mundo por riba do Whatshap, Instagram e Twitter. Inspirouse nun dos xogos máis populares da xeración que naceu dende os oitenta á actualidade. Pokémon Go é sinxelo. Consiste en que cada persoa…

O poeta en funcións Mariano Rajoy

“Somos sentimientos y tenemos seres humanos”. Con este lapsus o presidente do Estado inundaba os nosos beizos de sorrisos, porque somos como nenos e nenas. Fainos graza calquera cousa… Tempo pasou dende que ETA fora considerada unha gran nación e menos dende que en Benavente se inaugurara o trabalinguas político: “es el vecino el que…

Manifesto da Cicloxénese Expresiva

  “O mar florece cando os nimbos choran. As ondas derrétense nunha cume de auga que delira espuma. E alí está a nada, nas cicloxéneses máis agudas, onde se expresa o silencio e a condición humana” Cita dun aturuxo do vento de compoñente leste.   Nós nacemos pretendendo darlle voz ao silencio, porque o mundo…

Canto baloncesto colle nun peugeot 206?

Un peugeot 206 pode ser o automóbil de calquera persoa, mais para min os 206 recorren a unha lembranza pasada que asoballa o meu maxín. Trasládame, porque a memoria ten esas cousas, e teño de novo quince anos. Recupero esa vergonza que me daba falar coas mulleres, os grans do acne e tamén o soño…

Díxolle un xefe a un subordinado

  Podería darnos a roupa de inverno ao meu compañeiro e a min? Acabade o traballo e póñovos a cargar caixas. Xa verás como vos pasa o frío. Vale… Esta conversa invernal sucedeu na empresa X. O contrato do traballador era temporal. Comezara no verán, cando a roupa sobra. Non é o único exemplo no…

Facal

Era famoso pola súa presenza diaria na rúa. A xente o definía como unha persoa carismática, gran orador en pequenas distancias e tamén divulgador dos seus ideas. Para o planeta Terra, Facal era un ser humano máis. Para nós era unha persoa que formaba parte das nosas vidas de xeito ben diverso. Recoñezo que aquela…