Foder

O que eu desexo é unha cama desfeita, que o recendo a café quente impregne a nosa casa e que fique frío sen chegar á cunca por mor das ganas que nos temos. Vestirme coa túa camisa branca mentres ti me miras, espido, amárrasme de novo e eu devóroche os lunares que enchen o teu…

Oda ao carallo

  A excitación é evidente dende que te vexo, nos teus pantalóns remárcanse as túas ganas. Non quero palabras nin amor, o único que quero hoxe é acción. Escoitalo? Moi lonxe comeza a soar un saxo anunciando sexo, tremen as miñas pernas lúbricas, o sangue de ambos flutúa cara a mesma viaxe. Non te quero…