Desfiuzamento

Non o entendes, verdade? Perdoa que non che fale pero é que sei que non me escoitas, mírasme aos ollos sen comprender a rabia que sinto. Anos desesperados tratando de escaparche e ti sempre tan dentro de min. As liñas que delimitan o teu corpo foron trazadas pola miña boca, por deus! Sabes que sempre…

Entrevista a Ana Pontón. Segunda parte

Finalizamos con esta derradeira entrega a entrevista a Ana Pontón. Para ler a primeira parte hai que premer aquí. P: Pódese dicir que vivimos nunha democracia? R: Esa é unha pregunta moi complexa. Penso que unha democracia plena é unha democracia con información veraz, con maior participación directa dos cidadáns. Nestes momentos aquí hai eleccións…

Retrato dun falso antroido

Imaxínense un barco sen rumbo. Un mar picado con ondas que non atendemos a controlar. A civilización vive enriba. Os paxariños cantan “desastre”. Procúrase a solución do problema? Que va… Quizais unha minoría. Gran parte das elites dirixentes prefiren traballar no seu privilexio mentres o barco continúe coa forza precisa para manterse a flote, por…

O que mal empeza, mal acaba. E acabou

Dicía Miguel Delibes, algo así como que a política é unha tentación comprensíbel, porque é unha maneira de vivir con bastante facilidade. Posibelmente, se Delibes vivise a noite electoral do pasado 25 de setembro e todo o que veu despois, mudaría o seu concepto de“facilidade”, pois coido que facer unha análise en termos electorais do…

Os do milenio

Chegamos a unha vida da que pouco xa nos queda, fixéronnos culpables… por ser fillos dun século xenocida, máis evadimos a condena. Distorsión vital como resultado do terror da estrutura social. Choran estas mentes quebradas nesta realidade perdida, polo agobio encapsulado, polo inferno figurado. Os sentidos infectados, son tan só a antesala da obra máis…

Entrevista a Xesús Alonso Montero, presidente da RAG

Citámonos con Xesús Alonso Montero na praza do Toural, no vieiro que nos conduciría a ver a exposición: 80 anos. Santiago 1936, na Fundación Eugenio Granell. Dende alí camiñamos até unha cafetería da contorna, mimando ás neuronas para que estiveran espertas ante un home que viviu moito, e por tanto puido borgoriñar, expresar, enfatizar e…

O poeta en funcións Mariano Rajoy

“Somos sentimientos y tenemos seres humanos”. Con este lapsus o presidente do Estado inundaba os nosos beizos de sorrisos, porque somos como nenos e nenas. Fainos graza calquera cousa… Tempo pasou dende que ETA fora considerada unha gran nación e menos dende que en Benavente se inaugurara o trabalinguas político: “es el vecino el que…