Canto baloncesto colle nun peugeot 206?

Un peugeot 206 pode ser o automóbil de calquera persoa, mais para min os 206 recorren a unha lembranza pasada que asoballa o meu maxín. Trasládame, porque a memoria ten esas cousas, e teño de novo quince anos. Recupero esa vergonza que me daba falar coas mulleres, os grans do acne e tamén o soño…