José Luis Sampedro

Falar de José Luis Sampedro é falar da vida en tódolos seus rexistros e, por tanto, tamén da morte. Como el dicía: “a vida é ser un moribundo permanente e iso dá gusto”. Aseguraba que lle gustaría morrer como o Mera na ría de Santa Marta de Ortigueira, como un río que torna en mar…