Taboleiro do libro galego (abril 2017)

Continuamos co excelente traballo que se viña facendo no Caderno da Crítica. Querémos agradecerlle a axuda a Ramón Nicolás e ás librarías que colaboraron con nós para a elaboración desta listaxe: Pedreira, Cartabón, Paz, Biblos, Miranda, Andel do libro, Suévia e Chan da Pólvora. Narrativa Os nenos da variola, de María Solar. Galaxia. Aqueles días en…

O sol do papel

Cando cheguei non tiña ollos. Nacera nunha mañá orballada e donda, moles as follas daquel outono mediado baixo os pasos, a penas cinco anos atrás. Naquela Compostela inesquecible de recén casados, pintura fresca aínda nas paredes e cóxegas nos pés rindo entre as mantas. Chamámolo, gordecho, todo ollos, ollos de metal azul, Adrián. Adrián. Onde…

Se queres, bailamos

Pode ser que aínda busque alguén en quen mirarme, alguén que me espante as bolboretas do estómago e encha o oco que deixen, e non volver ter medo de verme nos espellos nunca máis. Exploremos a perfección do caos. Do non ter todo ordenado e no seu sitio. Do estar un pouquiño desequilibrados. Eu non…

Só o mar

No mes de xullo do verán pasado, poucos días despois de cumprir os dezasete anos, fun ao pobo costeiro de Pavos. O meu irmán maior, Xosé, e a súa muller, María, convidáranme a pasar uns días con eles. Alugaran unha casiña para as súas vacacións. Ocupabamos a segunda planta (a primeira estaba deshabitada) dunha pequena…

Bótote de menos…

Ás veces lémbrome de que estou a anos luz de Nós, que estes recordos ós que me aferro están manipulados pola miña mente masoquista (encántalle magullar ó meu pobre e pequeno corazón ata a extenuación), da miña memoria o único sentimento verdadeiro que se desprende é o amor que Nós rodeaba. Nada era perfecto naquela…

Canto baloncesto colle nun peugeot 206?

Un peugeot 206 pode ser o automóbil de calquera persoa, mais para min os 206 recorren a unha lembranza pasada que asoballa o meu maxín. Trasládame, porque a memoria ten esas cousas, e teño de novo quince anos. Recupero esa vergonza que me daba falar coas mulleres, os grans do acne e tamén o soño…