Aniversario

Hai hoxe un ano nacía oficialmente Cicloxénese Expresiva. Para celebrar este noso primeiro aniversario queremos compartir convosco o primeiro número da revista en versión PDF. Pincha enriba deste enlace e descárgaa gratuitamente na túa computadora, tableta ou móbil. Mil grazas por estar aí e lembrade que podedes colaborar con nós enviando os vosos textos, ideas e opinións…

Manifesto da Cicloxénese Expresiva

  “O mar florece cando os nimbos choran. As ondas derrétense nunha cume de auga que delira espuma. E alí está a nada, nas cicloxéneses máis agudas, onde se expresa o silencio e a condición humana” Cita dun aturuxo do vento de compoñente leste.   Nós nacemos pretendendo darlle voz ao silencio, porque o mundo…