Branco granito azul

Baixo polo bulevar inzado de cor. Viro á esquerda, de súpeto un raio azul clausura a ancha e curta rúa. Granito reviricocado, rocaille, enmarcando o azul cerúleo dos azulexos que recobren a cachotería, en contraste co purpúreo da balconada e portas de acceso, e o branco das dez fiestras que abren o edificio á luz.…