Procesións
Fun tomar algo logo de ver á miña avoa. A noite non se escoitaba polas voces da xente e as procesións, que paseaban por esta mar de pedra que é Compostela dende antes de que Celso Emilio a describira. Confeso que nunca entendín o funcionamento destes teatros da fe, pero hoxe fixeime neles, fixeime ben.…