Taboleiro do libro galego (xuño 2017)

Aquí vos traemos a listaxe de libros máis vendidos de xuño. Podedes consultar as entradas anteriores no Caderno da Crítica e nesta propia páxina. Para a elaboración deste taboleiro participaron as seguintes librarías: Miranda, Paz, Andel do libro, Suévia, Lila de Lilith e Chan da Pólvora. Continuaremos con esta listaxe logo do equinoccio, mais seguiremos…

Sobre o de Escarnio e Maldizer…

Hai uns días tiveron lugar en Compostela varias manifestacións logo do desaloxo de Escarnio e Maldizer. Durante esas xornadas preguntámoslle á veciñanza algo sinxelo: que pasou aquí? Fixémolo porque estabamos inundados de dúbidas e porque intuíamos que os medios de comunicación máis influentes do Estado andaban a contar o sucedido daquela maneira. Xa saben, construían…

Taboleiro do libro galego (abril 2017)

Continuamos co excelente traballo que se viña facendo no Caderno da Crítica. Querémos agradecerlle a axuda a Ramón Nicolás e ás librarías que colaboraron con nós para a elaboración desta listaxe: Pedreira, Cartabón, Paz, Biblos, Miranda, Andel do libro, Suévia e Chan da Pólvora. Narrativa Os nenos da variola, de María Solar. Galaxia. Aqueles días en…

A estética da traxedia

Ao falar de ecoloxía pódense establecer dúas posicións predominantes ante as que a poboación se sitúa. Unha é a do espectador pasivo, acomodado na súa butaca. A outra é a do activista, a do involucrado. No primeiro caso poderíase falar do que en psicoanálise se chama renegación, defensa consistente en que o suxeito rexeita coñecer…

José Luis Sampedro

Falar de José Luis Sampedro é falar da vida en tódolos seus rexistros e, por tanto, tamén da morte. Como el dicía: “a vida é ser un moribundo permanente e iso dá gusto”. Aseguraba que lle gustaría morrer como o Mera na ría de Santa Marta de Ortigueira, como un río que torna en mar…

(Des)enleando o novelo

Segundo avanzaba na lectura de Todo canto fomos (Galaxia, 2016), a última novela de Xosé Monteagudo, imaxinábame convertido nun mínimo e aparente sarillo, cos cóbados ben pegados ao corpo e os antebrazos ben abertos sostendo unha madeixa de lá mentres miña nai a desenleaba para dar forma ao nobelo. Na altura xa non beaba a…

Branco granito azul

Baixo polo bulevar inzado de cor. Viro á esquerda, de súpeto un raio azul clausura a ancha e curta rúa. Granito reviricocado, rocaille, enmarcando o azul cerúleo dos azulexos que recobren a cachotería, en contraste co purpúreo da balconada e portas de acceso, e o branco das dez fiestras que abren o edificio á luz.…

O que mal empeza, mal acaba. E acabou

Dicía Miguel Delibes, algo así como que a política é unha tentación comprensíbel, porque é unha maneira de vivir con bastante facilidade. Posibelmente, se Delibes vivise a noite electoral do pasado 25 de setembro e todo o que veu despois, mudaría o seu concepto de“facilidade”, pois coido que facer unha análise en termos electorais do…

Perder o tempo con Pokémon Go

Dende as derradeiras semanas de xullo até hoxe a mocidade volveuse cazadora, polo menos virtualmente. Pokémon Go converteuse na aplicación máis visitada do mundo por riba do Whatshap, Instagram e Twitter. Inspirouse nun dos xogos máis populares da xeración que naceu dende os oitenta á actualidade. Pokémon Go é sinxelo. Consiste en que cada persoa…