Entrevista a Ana Pontón. Segunda parte

Finalizamos con esta derradeira entrega a entrevista a Ana Pontón. Para ler a primeira parte hai que premer aquí. P: Pódese dicir que vivimos nunha democracia? R: Esa é unha pregunta moi complexa. Penso que unha democracia plena é unha democracia con información veraz, con maior participación directa dos cidadáns. Nestes momentos aquí hai eleccións…

Entrevista a Ana Pontón. Primeira parte.

Recíbenos no seu despacho cun amplo sorriso. Un sorriso que contaxia e que incita á ilusión e ao entusiasmo. Un sorriso que nos recorda que ás veces hai que rir, que con bo humor se pode encetar un rumbo novo. Co seu discurso representa milleiros de corazóns. Milleiros de persoas pertencentes a un país que…

O vento

Vento nas redes no mar, nas mariñas, nas entrañas.   Vento do norte, que namora e que apuñala ás veces.   Coma se o vento, esa mañá, non tivera máis xeito que tombar o meu barco e deixarme, naquel paseo, sen palabras, sendo devorada polas gaivotas.   Vento na cidade do pérmico- triásico onde ao…

Oposicións

Almorzo Gústanme as galletas. Fervo a leite e mólloas para levalas á boca. Cada mañá imaxínome nun anaco perdido no líquido. Imaxínome flotando, como nunha embarcación. Semella sinxela esa vida, mais a galleta remata sempre afundíndose no leite ou no vertedoiro. Aproveito eses pequenos momentos para viaxar. Só eses, porque é imposible estudar nun estado…

Entrevista a Francisco Castro

Citámonos na libraría Couceiro de Santiago de Compostela para parolar con Francisco Castro, actual Director de Galaxia e escritor. Son moitas as historias que relata nas páxinas que escribiu. Pasa algo semellante con Galaxia, ese anaco de universo onde se hospeda a meirande parte da universalidade literaria do noso país. Talvez suceda como no ceo…

Aniversario

Hai hoxe un ano nacía oficialmente Cicloxénese Expresiva. Para celebrar este noso primeiro aniversario queremos compartir convosco o primeiro número da revista en versión PDF. Pincha enriba deste enlace e descárgaa gratuitamente na túa computadora, tableta ou móbil. Mil grazas por estar aí e lembrade que podedes colaborar con nós enviando os vosos textos, ideas e opinións…

Foder

O que eu desexo é unha cama desfeita, que o recendo a café quente impregne a nosa casa e que fique frío sen chegar á cunca por mor das ganas que nos temos. Vestirme coa túa camisa branca mentres ti me miras, espido, amárrasme de novo e eu devóroche os lunares que enchen o teu…

Entrevista a Roberto Sobrado

Pregunta: Rockeiro ou cantautor? Resposta: Ambas. Non existe unha verdadeira dicotomía aí. Dende o momento en que un é rockeiro tamén é cantautor, se compón el, claro. Por exemplo, Bruce Springsteen que é, un rockeiro ou un cantautor? É ambas. P: A quen escoitaches máis? A Silvio, a Sabina, a Calamaro…? R: Os que nomeas…

José Luis Sampedro

Falar de José Luis Sampedro é falar da vida en tódolos seus rexistros e, por tanto, tamén da morte. Como el dicía: “a vida é ser un moribundo permanente e iso dá gusto”. Aseguraba que lle gustaría morrer como o Mera na ría de Santa Marta de Ortigueira, como un río que torna en mar…

Entrevista a Roberto Oliveira

Roberto Oliveira é un músico feito a si mesmo, que foi tallando o seu estilo como un luthier fabrica un instrumento. Aquí deixamos a súa entrevista: Pregunta: Nunha entrevista afirmas que foi duro para os oídos dos teus pais que escolleras un instrumento de percusión. Por que non a guitarra, o piano ou o saxofón?…